FAQs

  • Como podo presentar a miña candidatura?

    Descargando o formulario de inscrición dispoñible en www.viaexterior.com/bases-e-inscripcion/ e enviándonolo por correo debidamente cumprimentado á dirección viaexterior@zonafrancavigo.com antes da finalización do período de inscrición.

  • Ata cando podo presentar a miña candidatura?

    O prazo de presentación de candidaturas termina o mércores 19 de xullo ás 23:59h.

  • Teño que achegar algunha documentación adicional?

    Non, para avaliar a túa candidatura necesitaremos unicamente o teu formulario de inscrición.

  • Como sei se recibistes a miña candidatura?

    Enviaremos un correo de confirmación a todas as candidaturas recibidas dentro do período de inscrición.

  • Teño que estar xa internacionalizado para participar?

    Non, a aceleradora ViaExterior non só se dirixe a Pemes galegas xa internacionalizadas que queren acceder a un novo mercado. Inclúe tamén a Pemes que simplemente tiveron algunha experiencia internacional esporádica e a empresas de recente creación que nacen cunha vocación global.

  • Cal será o horario das actividades?

    As actividades grupais, como a formación, terán lugar os venres pola tarde para non interromper a actividade diaria dos participantes.

    Pola contra, os servizos personalizados -por exemplo, as tutorías ou as sesións de coaching- axendaránse individualmente con cada empresa en función da súa dispoñibilidade horaria.

  • Ónde se levarán a cabo as actividades?

    O groso das actividades terán lugar nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo, na Área Portuaria de Bouzas.

    No caso dos servizos personalizados, éstes poderán celebrarse se fose preciso nas instalacións da peme participante, ou por videoconferencia.

  • A persoa que participe na aceleradora, debe ser o/a responsable de internacionalización da empresa?

    Non é imprescindíbel; pero si debe ser a persoa responsable da definición da estratexia internacional da empresa. Pode tratarse do director/a xeral, o director/a comercial, etc.

    No caso concreto das sesións de coaching, é recomendábel que a persoa que asista sexa quen vai ter a interlocución directa cos compradores internacionais, xa que se trata dun servizo orientado a capacitar ao profesional a nivel persoal, non de empresa.

  • A participación é gratuíta?

    Si, todas as actividades de ViaExterior son gratuítas para as empresas aceleradas.

  • Gustaríache participar como investidor chegado o momento?

    ViaExterior exponse como un programa aberto a investidores e entidades de financiamento que colaboren e poidan contribuír aos obxectivos do programa. Unha vez coñezamos os proxectos que van ser acelerados, faranse públicos e a partir dese momento poderás contactar connosco e coas empresas nas que teñas interese.

  • A miña dúbida aínda non está resolta. Como podo contactar convosco?

    Se tes calquera dúbida sobre o proceso de inscrición ou queres máis información acerca dos contidos do programa, podes contactar connosco en:

    Consorcio Zona Franca de Vigo

    Área Portuaria de Bouzas, s/n – 36208 Vigo (España)

    —   viaexterior@zonafrancavigo.com

    —   +34 986 269 726