Celeiros e Mar Ceibe exploran conxuntamente os mercados de Xapón e China

Celeiros e Mar Ceibe exploran conxuntamente os mercados de Xapón e China

As dúas empresas, participantes na 2ª edición da aceleradora, exploran conxuntamente os mercados de Xapón e China cunha oferta conxunta, innovadora e diferenciadora de Recoiro e Caviar de Alvariño.

Mar Ceibe é unha empresa situada na Illa de Aurousa que se dedica á comercialización de marisco de primeira calidade, sendo o seu proxecto estrela a ostra, que actualmente é demandado nos mercados de todo o mundo resaltando entre eles China, Singapura ou Emiratos Árabes.

Celeiros xorde en 2011, cando un grupo de persoas, chegadas de diversos mundos pero cunha paixón común polo viño, deciden pór a andar un proxecto baseado na produción de viños galegos, seguindo os métodos tradicionais e artesanais, ben no coidado e cultivo das viñas, ben na elaboración dos caldos.