EN MARCHA VINOEXTERIOR, A ACELERADORA DE CZFV PARA QUE AS EMPRESAS Do SECTOR VITIVINÍCOLA ACCEDAN A NOVOS MERCADOS

EN MARCHA VINOEXTERIOR, A ACELERADORA DE CZFV PARA QUE AS EMPRESAS Do SECTOR VITIVINÍCOLA ACCEDAN A NOVOS MERCADOS

Un total de 16 empresas están participando Na aceleradora VinoExterior, o programa formativo impulsado polo Consorcio Zona Franca de Vigo para que as firmas vinculadas ó sector vitivinícola accedan a novos mercados.

Nesta aceleradora sectorial participan adegas pertenecentes ás cinco Denominacións de Orixe galegas: Rías Baixas, Valdeorras, O Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra.

Por outra parte, en VinoExterior tamén están recibindo formación dúas empresas distribuidoras, Vintalia e RBR Wines. Ademáis, na aceleradora sectorial do Consorcio participa Anforum, empresa adicada á producción de barricas de granito.

 

VinoExterior, resposta ás novas ameazas

O actual escenario internacional está cheo de incertezas para as empresas españolas, e o sector do viño en Galicia non é alleo a esta realidade.

A imposición de aranceis nalgúns mercados ou as incógnitas que se abren co brexit son só algunhas desas incertezas.

Como declarou o delegado David Regades “ VinoExterior nace, precisamente, para dar resposta a estes novos desafíos e esperamos que as empresas participantes na aceleradora poidan descubrir, da man de expertos, fórmulas exitosas para chegar a novos países”.

VinoExterior pretende reducir os tempos e aumentar as posibilidades de éxito no proceso de internacionalización. O enfoque da aceleradora VinoExterior é de carácter práctico e permite fomentar o networking entre empresas do sector.

O programa formativo que se está desenvolvendo todos os venres ata decembro ten como atractivo que as empresas participarán nunha misión comercial inversa, na que importadores e prescritores internacionais visitarán Galicia e poderán coñecer ás empresas de VinoExterior.

A aceleradora achegará ás empresas as ferramentas necesarias para estar presentes en feiras e eventos de carácter internacional, que lles abrirán as portas a outros mercados

As empresas que participan en VinoExterior son:

Bodegas Sampayolo

Cambados Urban Winery

Bodegas Corisca

Pazo de Rubianes

RBR Wines

Adega José Estévez

Adegas Celme

Adegas do Rexurdir

ViniGalicia

Adega Gandarela

Terra de Asorei

Bodegas Ruchel

Anforum

Priorato de Razamonde

Adega do Vimbio

Vintalia