Fundiciones Rey
Fundiciones Rey
Durante mais de 50 anos de constante progreso desenvolveron unha simbiose entre a fundición de produción tradicional e as novas técnicas industriais. Co seu equipamento técnico e humano aplican día a día esa simbiose, o que lles permite potenciar dunha maneira significativa as características propias das pezas de fundición.
A súa produción céntrase sobre todo no campo da fundición naval e industrial. Crean produtos como: casquillos, quillas, aloxamentos de engrenaxes, hélices, chumaceras, cojinetes, para o sector naval; bombas hidráulicas, núcleos de turbina, elementos de máquinas, pezas en bronce e latón, volantes de ferro gris, camión-tractor, poleas, etc. para o sector industrial.