ViaExterior ofrece unha internacionalización “á carta” na súa segunda edición

ViaExterior ofrece unha internacionalización “á carta” na súa segunda edición

A segunda edición da aceleradora ViaExterior, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, impulsará a internacionalización das pemes galegas a través dun programa que contempla como principais novidades o seu enfoque 100% práctico apoiado no seu campus online e talleres presenciais de resolución de casos.

Máis rápido, máis lonxe e mellor é a filosofía de ViaExterior que se dirixe a pemes galegas en diferentes estados de desenvolvemento: startups con vocación internacional, pemes con algunha experiencia ou pemes xa internacionalizadas, pero que teñan en común o seu interese en acceder a novos mercados.

A recepción de solicitudes estará aberta do 19 de xuño ao 19 de xullo. A inscrición online, previo rexistro e sen custos, está dispoñible a través da web: www.viaexterior.com

Durante o mes de captación desenvolveranse diferentes eventos informativos para dar a coñecer os detalles desta nova edición e aclarar as dúbidas das empresas interesadas en participar. O primeiro evento será un webinar o 22 de xuño, ao que lle seguirán presentacións en Vigo (27 de xuño), Villagarcía (4 de xullo) e Porriño (10 de xullo).

Estratexia, aceleración e acceso a financiamento da internacionalización

Tras o período de captación (convocatoria) seleccionaranse ata un total de 20 pemes que durante seis meses pasarán por dúas fases, a de estratexia e a de aceleración.

A fase de estratexia terá como resultado a definición do plan de internacionalización da empresa e detección de novas oportunidades de negocio, a través de titorías individuais con expertos sectoriais e por país. Os participantes tamén mellorarán as súas competencias e coñecementos a través dun campus online personalizado e talleres presenciais de resolución de casos orientados segundo as necesidades das empresas.

A aceleración #enfocar a través de sesións de mentoring, coaching e vixilancia competitiva contorna á cultura organizacional, as negociacións internacionais ou as soft- skills.

Estas dúas fases completaranse coa última etapa de acceso a financiamento, onde se preparará ás empresas para participar nun foro de entidades de investimento.

Á finalización deste programa os participantes obterán un certificado de capacitación nos procesos de internacionalización empresariais, dunha duración de 179 horas. Todas as sesións presenciais de ViaExterior desenvolveranse en horario de tarde os venres de setembro do 2018 a marzo de 2019.

ViaExterior e a súa aposta firme pola internacionalización

ViaExterior foi posto en marcha en 2017 pola Zona Franca de Vigo co obxectivo de axudar ás empresas galegas a superar as barreiras e dificultades de acceso a novos mercados. A 1ª edición pechou a convocatoria con 64 solicitudes de empresas das que foron seleccionadas 20 para acelerar o seu acceso a mercados exteriores.

Segundo os datos das empresas solicitantes, os sectores agroalimentario, naval, construción, consumo e tecnolóxico foron algúns dos máis interesados na internacionalización.

Na 1ª edición da aceleradora o máis valorado polas empresas participantes foi dotalas dunha metodoloxía que lles permita acceder de forma segura aos seus actuais mercados destino tocando temas tan interesantes como “Contorna Xurídica e Contratación Internacional“, “Finanzas Internacionais“, “Márketing Internacional“, “Xestión de Persoas na Internacionalización“, “Comunicación e Negociación Intercultural“, etc.

Á finalización deste programa, as empresas ven o mercado exterior como unha das pancas de impulso do seu negocio. Desde firmas xa asentadas ata startups tiveron a oportunidade de mostrar o xene exportador do seu ADN e lanzarse con firmeza á conquista de novos mercados.

Interese das empresas galegas polos mercados de Europa, Latam e Asia

ViaExterior apoiou a empresas como Tacore, maquinaria industrial, en abrir mercado en Filipinas e pechar vendas superiores aos 200.000 €. Outras como Proyectopía, tecnoloxía innovadora para a fabricación de vivendas modulares personalizadas e ecoeficientes, apostaron polos mercados de Latinoamérica e Francia. Calabizo, cun produto patentado que substitúe ao embutido tradicional para o sector vegano, centrou o seu paso pola aceleradora en abrir mercado en Alemaña. Enxendra, empresa de tecnoloxía e innovación que se dedica a crear servizos de facturación electrónica, firma dixital e voto electrónico, atópase desenvolvendo alianzas comerciais no Reino Unido para establecer a súa presenza no mercado británico. M International, empresa de produción audiovisual está a abrirse paso no mercado nipón para producir unha serie sobre o Camiño Xaponés hermanado co Camiño de Santiago.