ViaExterior, a aceleradora para a internacionalización de CZFV clausura a súa primeira edición

ViaExterior, a aceleradora para a internacionalización de CZFV clausura a súa primeira edición

O Consorcio da Zona Franca de Vigo clausura este martes 17 de abril a primeira edición da aceleradora para a internacionalización ViaExterior, programa que contou cunha gran acollida entre as empresas de Galicia. O obxectivo da aceleradora centrábase en apoiar ás pemes galegas na súa saí­da a mercados exteriores e facilitar o seu acceso a financiamento.

Ao longo de oito meses acompañouse ás 20 pemes seleccionadas no deseño e implantación do seu Plan de internacionalización, proporcionándolles formación especializada, asesoramento a través de programas de coaching e mentoring, así­ como de acceso a financiamento para a internacionalización. Ademais da entrega de diplomas ás diferentes empresas participantes, o evento contará cun foro de presentación de proxectos de internacionalización a diferentes entidades financeiras.

A segunda convocatoria abrirase a principios do mes de maio 2018 data a partir da cal se poderán enviar as candidaturas a través da web do programa.