26 Ago COÑECE ÁS 20 EMPRESAS QUE PARTICIPARÁN EN VIAEXTERIOR III
Diferentes tamaños e diferentes niveis de internacionalización, pero un mesmo propósito: acelerar a súa saída ao exterior no tempo de duración do programa.
Estefoi un dos criterios que determinaron a elección das 20 empresas que participarán na 3ª edición da aceleradora. Practicamente todas as pemes seleccionadas teñen algunha experiencia en internacionalización ou exportaron. A nova aceleradora estará composta por empresas de toda Galicia, sendo un 55% da provincia de Pontevedra. Entre algúns dos sectores aos que pertencen as empresas desta edición atópanse TIC, enxeñería, biotecnoloxía, industrial ou agroalimentario.
Listado de empresas seleccionadas na 3ª edición
1 | Biopranaworld |
2 | Curtidos Galaicos S.L. |
3 | Dairylac S.L |
4 | Edigal S.L |
5 | Eres malo por tu culpa, S.L. |
6 | Flores Toxal S.L. |
7 | Gestepro Estudio S.L.U |
8 | Imaxina Novas Tecnoloxías SL |
9 | Industrias Losal, S.L. |
10 | Isinac Acoustic World S.L |
11 | Laser Galicia S.L |
12 | LVTC Financial and Insurance SL |
13 | Micaton Ergonomics, S. L. |
14 | Norlean Manufacturing & Productividad, S.L. |
15 | Quesos Feijoo |
16 | Rotogal, S.L.U. |
17 | Simaupro Galicia S.L. |
18 | Tecsoled S.L |
19 | Tres Fuciños Sociedade Cooperativa Galega |
20 | Veigas de Sabugueiro S.L |
Circuitos complementarios para a internacionalización
O 12 de xullo pechouse a convocatoria para solicitar a participación en ViaExterior III con máis de 50 empresas interesadas.
O Consorcio da Zona Franca de Vigo atenderá a todas as empresas que mostraron o seu interese na internacionalización. Para iso as pemes poderán participar noutras aceleradoras sectoriais, por exemplo VinoExterior. Ademais, o CZFV traballa en novos programas formativos específicos para pemes relacionadas co mundo da cultura e vinculadas ao sector marítimo.
Por outra banda, as empresas tamén poderán participar en programas específicos de apoio á internacionalización que lles permitirán coñecer se están ou non preparadas para saír ao exterior, seleccionar clientes e mercados, preparar unha misión ou feira, incorporar o uso das TICs á internacionalización, ou coñecer en detalle o país ao que queiran internacionalizarse con xornadas de mercados e asesoramento específico.