UN TOTAL DE 60+1 EMPRESAS GALEGAS ALCANZAN MERCADOS ESTRANXEIROS TRALO SEU PASO POR VIAEXTERIOR

UN TOTAL DE 60+1 EMPRESAS GALEGAS ALCANZAN MERCADOS ESTRANXEIROS TRALO SEU PASO POR VIAEXTERIOR

Cunha rolda de financiamento externo, hoxe clausurouse na Zona Franca de Vigo a terceira edición da aceleradora multi-sectorial ViaExterior, un programa que promove, acelera e aumenta a probabilidade de éxito no proceso de internacionalización das pemes galegas, e que, ao mesmo tempo, facilita ás empresas o seu acceso ao financiamento.
O Delegado do Estado, David Regades, destacou que “o obxectivo desta aceleradora é que as empresas adquiran unha visión global, capacidade analítica e que dispoñan de ferramentas prácticas para entrar en novos mercados”. Ademais Regades sinalou que “o noso obxectivo é reducir os riscos aos que se enfrontan as empresas, como pode ser o feito de que dependan dun único mercado. Por outra banda,  queremos que as pemes detecten novas oportunidades de negocio”.
Esta rolda de investimento, previa ao acto de clausura de ViaExterior III, contou coa presenza das entidades bancarias Abanca, Santander e Sabadell; por outra banda asistiu a entidade pública Vigo Activo; así como dous investidores privados: Óscar García- Managing Partner en Mind Global Business Consulting e José Manuel Chousa- Presidente D´Manan Corporación Empresarial. Os proxectos de internacionalización das empresas de ViaExterior III espertaron interese entre as entidades, que manifestaron a súa disposición de brindarlles apoio, así como a estudar posibles acordos de colaboración.
Regades tamén puxo de manifesto que nestas tres edicións de ViaExterior foron xa 60 pemes máis 1 mediana empresa as sociedades galegas que recibiron formación e asesoramento para desenvolver, con éxito, o seu plan de internacionalización nesta aceleradora multisectorial.
En total,  co actual plan de internacionalización de Zona Franca, en ano e medio un total de 301 pequenas e medianas empresas están en condicións de chegar a novos mercados, máis lonxe, máis rápido e mellor  xa que ás cifra da aceleradora multisectorial ViaExterior súmanse as empresas participantes en  as dúas aceleradoras sectoriais, como as 16 que participaron en VinoExterior e as 15 que están actualmente comezando CulturaExterior e tamén as 229 empresas que asistiron aos talleres que desde o ano pasado celébranse cada mércores con sesións monográficas sobre as oportunidades de negocio que se presentan en diferentes países e mercados.

Aumento de exportacións e novas sedes internacionales

Empresas de enxeñería, biotecnolóxicas, agroalimentarias ou do sector TIC formaron parte da terceira edición da aceleradora multi-sectorial do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Un titor especialista por empresa e un equipo de mentores, con ampla experiencia internacional, coaches e formadores apoiaron ás pemes na definición do seu plan de internacionalización.

Tras o seu paso pola aceleradora as empresas aumentan a súa presenza en Europa e Reino Unido consolídase como un dos destinos prioritarios nos seus plans de internacionalización. É o caso de Calzados Losal, que acaba de pechar un acordo cun cliente inglés na feira internacional do calzado de Milán. A empresa, dedicada á fabricación artesanal de zapatos, tamén estará presente en Países Baixos e Bélxica grazas ao acordo cun cliente que conta con 9 tendas entre ambos os países.

Por outra banda, Rotogal, dedicada ao deseño e fabricación de produtos de plástico utilizando o proceso de rotomolding ou moldeo rotacional, logrou un distribuidor no mercado inglés. Outro dos destinos internacionais das empresas de ViaExterior III é Latinoamérica. Neste sentido, Gestepro Studio está en proceso de creación dunha franquía en México e, por outra banda, Micaton Ergonomics tamén contempla o mercado azteca como destino no seu plan de internacionalización. Financial and Insurance SL, Livetopic, que comercializa produtos financeiros e seguros, é outra das pemes que prevé crecer en México e noutros mercados latinoamericanos.

Ademais as empresas iniciaron contactos con varios países e a previsión é que xurdan novos contratos nos próximos meses; un dos exemplos é o de Simaupro Galicia. A empresa, dedicada á automatización industrial, iniciou contactos cunha multinacional de Austria. Un acordo permitiralle á firma de Porriño distribuír os seus produtos a máis dunha vintena de países.

Máis aló do crecemento das exportacións, varias empresas de ViaExterior contan con sedes internacionais noutros países. Un dos exemplos é Laser Galicia, empresa dedicada ao corte de chapas e tubos con láser; que ten unha filial en Estados Unidos. Por outra banda, a terceira edición da aceleradora despídese cunha nova sede en Países Baixos para Cafés Candelas que abrirá este ano. Esta nova sede permitiralle á empresa cafeteira acceder a novos países europeos, entre eles, Alemaña e Francia. Ademais, Cafés Candeas acaba de pechar un acordo cun distribuidor de Romanía e en Iraq, neste caso, a través do Goberno.

Os logros de ViaExterior III van máis aló. Veigas de Sabugueiro S.L., baixo a marca comercial Carabuñas, creou unha joint venture cunha empresa de Portugal. Este consorcio permitirá á empresa ourensá incrementar a subministración do sabugueiro bio para transformalo en marmeladas e licores.

 

Evolución das empresas participantes nas primeiras edicións de ViaExterior

A maioría das empresas das primeiras edicións de ViaExterior lograron estar presentes en, polo menos, un novo mercado a través de exportación directa, de creación de filiais ou con novos distribuidores. Ademais, nalgún caso, a facturación online aumentaron ata un 60%.

Outro aspecto destacado é que a maior parte das empresas ampliaron o seu equipo humano na área de internacionalización, a través da contratación de novos profesionais ou ben ampliando a súa rede de distribuidores e axentes no exterior.