Calabizo e as súas infinitas posibilidades culinarias

Calabizo e as súas infinitas posibilidades culinarias

Faro de Vigo publicou hoxe un artigo na sección “Sabores” do seu Guía do lecer do fin de semana poñendo en valor as posibilidades culinarias das cabazas, entre as que destacou os innovadores chourizos de cabaza, ou “ calabizos”, elaborados pola empresa Fiablone, participante de ViaExterior.

En palabras do xornal, “Calabizo é o exitoso produto creado polas emprendedoras galegas Edurne Sendra, Sofía Calvo e Keila Pousa, un chourizo cento por cento vexetal cunha textura e un sabor moi parecidos ao de toda a vida. Sen parangón no mercado, as posibilidades do calabizo son tantas como as dun embutido tradicional, xa que se pode consumir cru ou engadíndoo a outras receitas.”

De feito, grazas ao traballo que o equipo da empresa está a realizar estes meses co apoio de ViaExterior, o éxito dos calabizos está a comezar a estenderse máis aló das nosas fronteiras cara a outros países europeos

A nosa noraboa para todo o equipo.

O texto completo do artigo pode consultarse a continuación: