POLITICA DE PRIVACIDADE
Introdución
A presente Política de Privacidade foi desenvolvida tendo en conta o disposto polo Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á circulación destes datos, en diante o RXPD.
Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento das persoas titulares dos datos persoais respecto dos cales se está a recoller información os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cuestións, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que lles asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade, entre outros.
Responsable do Tratamento
Consorcio Zona Franca de Vigo con NIF V-36611580 e domicilio en Consorcio Zona Franca de Vigo, Área Portuaria de Bouzas, s/n 36208 Vigo (España)
Tratamentos de datos
Os datos persoais que se soliciten, de ser o caso, consistirán unicamente naqueles estritamente imprescindibles para identificar e atender a solicitude realizada pola persoa titular dos mesmos, en diante a persoa interesada, e para xestionar a participación da empresa á que representa no programa ViaExterior. A persoa interesada actúa en calidade de representante da empresa participante. A devandita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación coa persoa interesada. Por outra banda, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas, explícitas e lexítimas, e non serán tratados ulteriormente de maneira incompatible con estas finalidades.
Os datos recollidos de cada persoa interesada serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación coas finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario.
Finalidades do tratamento
As finalidades explícitas para as cales se leva a cabo cada un dos tratamentos recóllense nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de recollida de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas). Do mesmo xeito, a lexitimación do tratamento estará incluída en cada unha das cláusulas.
Os datos non se cederán a terceiros, salvo obriga legal. Se existen transferencias internacionais de datos, estas serán debidamente informadas.
Prazos de conservación
A información recollida da persoa interesada conservarase mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal foron recollidos os datos persoais, sen prexuízo dos prazos que se atopen determinados legalmente.
Datos de navegación
En relación cos datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, no caso de que se recollan datos sometidos á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.
Dereitos das persoas interesadas
A normativa en materia de protección de datos outorga unha serie de dereitos ás persoas interesadas.
Estes dereitos que asisten ás persoas interesadas son os seguintes:
Lémbrase ás persoas interesadas que, no caso de que se prestase o consentimento, este poderá ser revogado en calquera momento, sen que a devandita revogación afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos indicados, dirixíndose por escrito ao seguinte enderezo postal: Consorcio Zona Franca de Vigo, Rúa do Areal nº 46, 36201 Vigo (España). Enderezo electrónico: lopd@zonafrancavigo.com
Atenderase a súa solicitude coa maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.
Por outra banda, convén ter en conta que a persoa interesada ou titular dos datos poderá, en calquera momento, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Páxina web: www.agpd.es
Seguridade
As medidas de seguridade adoptadas son as requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RXPD. Neste sentido, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco existente.
En todo caso, o Programa ten implementados os mecanismos suficientes para: