Frore de Carme
Frore de Carme
Adega da D.O. Rías Baixas que elabora exclusivamente viños premium, buscando as excelencias e a lonxevidade da variedade albariño, ao estilo dos grandes brancos centroeuropeos partindo dunha viticultura biodinámica, e unha crianza prolongada sobre leas de diferentes anadas buscando un albariño ancestral.
Crearon un produto específico para exportación a Ola, partindo das características de elaboración singulares que nos diferencian, a un prezo competitivo, e en homenaxe á primeira botella azul no mercado español, obra de Eladio Piñeiro.