20 pemes galegas conquistan novos mercados internacionais tras o seu paso pola 2ª edición de ViaExterior

20 pemes galegas conquistan novos mercados internacionais tras o seu paso pola 2ª edición de ViaExterior

O Consorcio da Zona Franca de Vigo clausurou a segunda edición da aceleradora ViaExterior para a internacionalización, cuxo obxectivo é apoiar ás pemes galegas na súa saída a mercados exteriores, así como facilitar o seu acceso a financiamento.

O Delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades, destacou que “o obxectivo da aceleradora é que as empresas adquiran unha visión global, capacidade analítica e que dispoñan de ferramentas prácticas para entrar en novos mercados. En definitiva, pretendemos que sexan capaces de saír a novos países con menos esforzo, menos tempo e máis éxito”. Ademais, David Regades puxo en valor o traballo realizado polas diferentes empresas participantes ?todas traballaron intensamente e mostraron unha importante disposición á colaboración?.

Por outra banda, a directora do Departamento de Internacionalización, Débora Ramonde, engadiu que “desde as nosas orixes apoiamos a internacionalización, por ese motivo, realizamos numerosos programas para que especialmente as pemes sexan capaces de chegar a novos mercados”.

Os responsables de Zona Franca anunciaron tamén a súa vontade de dinamizar unha comunidade de empresas que pasasen polas diferentes edicións de ViaExterior, para seguir fomentando o networking e continuar aumentando os seus contactos no exterior.

Ao acto acudiron as entidades bancarias Sabadell, Abanca e Santander; por outra banda estiveron presentes as entidades públicas ICEX, IGAPE e Vigo Activo; así como investidores privados.

Moitos dos proxectos de internacionalización presentados polas empresas participantes nesta segunda edición de ViaExterior xeraron interese entre as entidades, que mostraron a súa disposición a brindar o seu apoio ás empresas así como a estudar posibles acordos de colaboración.

 

Resultados da segunda edición de ViaExterior

Empresas pertencentes aos sectores de turismo, tic, a saúde e o benestar, así como a alimentación, constitúen o núcleo fundamental das empresas que conformaron a segunda edición de ViaExterior.

Un titor especialistas por empresa e un equipo de mentores con ampla experiencia internacional, coaches e formadores apoiaron a estas empresas na mellora competencial e na definición dun plan de internacionalización durante os últimos 7 meses.

Tras o seu paso pola aceleradora, as empresas conseguiron consolidarse en novos países de Europa e de Latinoamérica fundamentalmente. Por outra banda, abríronse portas en Asia e mesmo en África, un continente no que, até o momento, as empresas galegas carecen dunha presenza destacada pero que a xuízo das entidades participantes no foro presenta importantísimas oportunidades para as empresas galegas. Un dos exemplos é Used World Parts, que tras o seu paso por ViaExterior chegou a 7 novos países, contemplando o continente africano como unha área xeográfica cun potencial de crecemento moi relevante.

Por outra banda, ViaExterior ha facilicitado ás empresas establecer un marco de colaboración para pór en marcha novos proxectos colaborativos. A modo ilustrativo as empresas Mar Ceibe e Adegas Celeirós, conxuntamente lanzaron unha oferta de recoiro e caviar de albariño, coa que entrarán nos mercados de Xapón e China.

Formantia e TokApp son outro claro exemplo colaborativo grazas a ViaExterior II. Neste caso, ambas están a abordar un acordo de colaboración en materia de desenvolvementos tecnolóxicos para para acceder a mercados de maior dimensión.

Sinalar igualmente que seis empresas participantes da segunda edición de ViaExterior xa presentaron unha candidatura conxunta ante a Xunta de Galicia para a realización de actividades de promoción gastronómica e marítima vinculadas ao Camiño de Santiago. Concretamente, son Dieta Coherente, TokApp, Bonos Benestar, Veu Celeirós, Bran Serigrafic e Bluscus.

Os logros empresariais da segunda edición de ViaExterior van máis aló. A aceleradora facilitou que os seus participantes lancen novos produtos adaptados aos mercados interncionales. Colibri chegou a Suíza e Austria grazas ao deseño de novos produtos da súa liña de scooters. Pola súa banda, Beta Implants, premiada recentemente polo programa Via Galicia polos seus innovadores implantes para animais, continuou durante o programa ViaExterior reforzando a súa liña de actividade para abordar novos mercados.

Hai que destacar que durante a duración de Via Exterior II as empresas lograron abrir novas sedes: Dieta Coherente en Braga; Imatia no mercado de centro Europa; Mar Ceibe está a constituír unha sede en Hong Kong para abordar os mercados de Asia e Photon ten xa un acordo con Costa Rica.

A aceleradora tamén permitiu reforzar a presenza noutros países. Empresas como Inertial Performace ou Blimey Manufacturing conseguiron consolidarse nun mercado tan competitivo como o do Reino Unido. Outros proxectos, como Beimar Suppliers consolidouse nos mercados do Norte de Europa, onde o seu produto está a rexistrar taxas moi importantes de crecemento.

Destacar como outro caso de éxito o feito de que a empresa Barrakuda formalizou un proxecto internacional nun porto deportivo de Porto Rico, ademais de estar presente con distribuidores en México, Chile.

 

Evolución das empresas participantes na primeira edición de ViaExterior

A maioría das empresas da primeira edición de ViaExterior lograron estar presentes en, polo menos, un novo mercado a través de exportación directa, de creación de filiais ou con novos distribuidores. Ademais, nalgún caso, a facturación online aumentaron até un 60% o último ano.

Sinalar igualmente que como aspecto destacado a maior parte das empresas ampliaron o seu equipo humano na área de internacionalización ben a través da contratación de novos profesionais ou ben ampliando a súa rede de distribuidores e axentes no exterior.

 

ViaExterior III

Durante o evento, o Delegado do Estado para o Consorcio da Zona Franca de Vigo, anunciou igualmente a próxima apertura dunha nova edición da aceleradora ViaExterior, que será a súa terceira edición.