A EMPRESA GALEGA GV SOLUCIONES, PARTICIPANTE DA PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA VIA EXTERIOR DO CZFV, REALIZA A SÚA EXPANSIÓN EN INDIA

A EMPRESA GALEGA GV SOLUCIONES, PARTICIPANTE DA PRIMEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA VIA EXTERIOR DO CZFV, REALIZA A SÚA EXPANSIÓN EN INDIA

A empresa galega GVSoluciones e Axperia Ventures, o seu socio estratéxico para a súa expansión en Asia, participaron na «India Water Impact Summit 2018» (Cume para o Impacto da auga na India) onde presentaron as súas solucións tecnolóxicas para que as autoridades do país resolvan os problemas no ciclo de auga, en especial, as asociadas ao río Ganges.

GVSoluciones, única empresa española invitada ó evento, presentou a súa tecnoloxía ante un comité de expertos da India e de diferentes países do mundo. No Cumio para o Impacto da auga, que se celebrou en decembro pasado, e onde se deron cita empresas de enxeñería e deseño, economistas e financeiros, avogados e investidores de todo o mundo.

O obxectivo do encontro era achegar solucións concretas ao problema do río Ganges na India, e que, ao mesmo tempo, ese esquema poida aplicarse noutros países do mundo.

GVSoluciones e Axperia Ventures crearon unha alianza estratéxica cun socio privado na India, para o deseño e a produción das súas plantas de tratamentos de augas no país. A primeira delas inaugurouse en Nova Deli, o pasado 8 de maio.

Ademais, GVSoluciones realizará outros dous ou tres pilotos ao longo deste ano que permitan certificar a adaptabilidade das súas solucións e tecnoloxías ao ecosistema do río Ganges a través do marco de referencia ETV ( Environmental Technology Verification) e da India.

Neste momento, están a definirse os lugares nos que se acometerán estas actuacións, para realizar os deseños de enxeñería e fabricar as plantas correspondentes. O feito de ser aceptados no proceso do ETV Ganges e tras o éxito do primeiro proxecto piloto co seu socio local, impulsaron a creación dunha filial de GVSoluciones na India, cuxa apertura se anunciará proximamente.

India atópase nun momento crítico debido ao seu rápido crecemento. Actualmente, 500 millóns de persoas viven ás beiras do río Ganges, unha situación que xerou importantes problemas de polución ao longo dos anos.

Segundo os estudos realizados, será necesaria un investimento de 100.000 millóns de dólares para que o Ganges volva ao seu estado de hai 30 anos. O país necesita desenvolver o seu propio sector da economía ao redor da auga. Ademais, a India debe dispoñer de tecnoloxías para soportar este crecemento de forma sustentable.

Empresas galegas coas autoridades da India

Durante varios días responsables de GVSoluciones e Axperia mantiveron diversas reunións, entre outros, co Secretario de Estado da auga do Goberno da India e co Presidente do Comité para o Río Ganges e fundador do Centre for Ganga River Basin Management & Studies ( cGanga), pertencente ao Instituto Indio de Tecnoloxía de Kanpur ( IIT Kanpur). É moi posible que unha delegación oficial da India visite Galicia antes de que finalice este ano para coñecer de primeira man o que se está facendo en Galicia e en España en materia de tecnoloxías asociadas á Auga. Neste sentido, GVSoluciones e Axperia están en contacto coa Universidade de Vigo e coa dirección do Campus do Auga, para a eventual firma dun acordo de colaboración co IIT de Kampur.

Por outra banda, a empresa galega GVSoluciones e Axperia mantiveron encontros con diferentes socios tecnolóxicos na India. Durante estas reunións os seus responsables definiron varias liñas de colaboración, que se anunciarán nos próximos meses.

GVSoluciones e Axperia participan nesta misión ambiental xunto co Centro de Xestión e Estudos da Conca do Río Ganges do Instituto Indio de Tecnoloxía de Kanpur e a Misión Nacional para Limpar o Ganges do Ministerio de Recursos Hídricos, Desenvolvemento do Río e Rexuvenecemento do Ganges do Goberno da India.


Consorcio da Zona Franca de Vigo

O Consorcio da Zona Franca de Vigo posibilitou que GVSoluciones e Axperia traballen conxuntamente e que ambas desenvolvan un modelo de xestión exemplar dos ríos na India.

O obxectivo é que este sistema poida exportarse a outros países do mundo, e por tanto, beneficie a todos os habitantes do planeta.

GVSoluciones obtivo este logro na India tras o seu paso pola primeira edición de ViaExterior, unha aceleradora para a internacionalización das pemes galegas promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Nestes momentos o CZFV xa puxo en marcha a terceira edición de ViaExterior, co obxectivo de seguir impulsando con éxito a internacionalización das empresas de Galicia.