A internacionalización entre os indicadores do primeiro ranking de empresas galegas intelixentes

A internacionalización entre os indicadores do primeiro ranking de empresas galegas intelixentes

Coñecer que empresas son capaces de combinar con intelixencia estratexia corporativa, organización, xestión e compromiso social é o obxectivo do estudo presentado por Zona Franca. A partir dunha mostra ás 600 empresas galegas que rexistraron unha maior produtividade no últimos cinco anos, seleccionáronse un total de 25 empresas que se incluíron no ranking de Empresas Intelixentes de Galicia.

O seis indicadores que mediu o algoritmo son a internacionalización, as emisións de CO2, a igualdade de xénero nos postos directivos, os salarios, a innovación e a rendibilidade financeira.

Os resultados revelaron que as empresas mellor situadas no ranking rexistran a terceira parte das súas vendas no exterior.

Xunto a Marine Instruments que lidera o ranking, nesta orde acompáñana, Rodicut Industry, Polirros, Fariñas e Sémolas do Noroeste, Compoñentes de Vehículos de Galicia, Kusilas, IVI Vigo, Santos Equipamento de Interiores, Drogas Vigo, Chymar e Plymouth Rubber Europa.