O CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO SELECCIONA 20 PEMES GALEGAS PARA IMPULSAR O SEU ACCESO A NOVOS MERCADOS

O CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO SELECCIONA 20 PEMES GALEGAS PARA IMPULSAR O SEU ACCESO A NOVOS MERCADOS

Hoxe luns, o Consorcio da Zona Franca de Vigo lanza a terceira edición de ViaExterior, unha aceleradora multi-sectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito dos procesos de internacionalización das pemes galegas.
Como explicou o delegado, David Regades “a través deste programa gratuíto as 20 pemes seleccionadas poderán adquirir unha visión global, aumentar capacidade analítica e dispoñer de ferramentas prácticas para entrar en novos mercados”. En definitiva, o obxectivo de Zona Franca é que as empresas sexan capaces de acceder a novos países con menos esforzo, menos tempo e logren levar adiante os seus negocios con máis éxito como xa sucedeu con empresas de anteriores edicións que viron como, despois do programa, aumentaron a súa facturación e estableceron beneficiosos acordos de colaboración e, no seu caso, acceder a financiamento externo.
O prazo de inscrición na aceleradora comeza hoxe 3 de xuño e estará aberto ata o 12 de xullo a través da páxina web viaexterior. com. Se son seleccionadas, en ViaExterior durante sete meses as empresas recibirán formación personalizada e adaptada ás súas necesidades. Para iso, dispoñerán dun titor individual e tamén de mentores expertos en mercados internacionais cun enfoque fundamentalmente práctico.
Durante o programa, ademais de celebrar talleres de resolución de casos, os participantes terán acceso a un campus de carácter online as 24 horas do día. Con sesións de networking as empresas terán a posibilidade de establecer acordos de colaboración con outros participantes. De feito ViaExterior ha facilicitado ás empresas establecer un marco de colaboración para poñer en marcha novos proxectos como é o caso de Mar Ceibe e Adegas Celeirós, quen conxuntamente lanzaron unha oferta de recoiro e caviar de albariño para entrar nos mercados de Xapón e China. A
s dúas primeiras edicións tiveron un balance moi positivo xa que permitiron a 40 pemes galegas chegar a novos mercados e consolidarse en varios países do Norte de Europa e no Reino Unido, un dos mercados máis competitivos e difíciles para as capacidades de negocio das pemes. As posibilidades que se abriron grazas a ViaExterior foron xeograficamente máis aló e varias pequenas e medianas empresas tamén atoparon oportunidades de negocio en Asia ou mesmo en África, un continente no que, ata o momento, as empresas galegas carecían de presenza. Hai que destacar tamén que a maior parte das pemes ampliaron o seu equipo humano na área de internacionalización, ben a través da contratación de novos profesionais ou mediante a ampliación da súa rede de distribuidores e axentes no exterior como no caso dalgunhas empresas participantes na aceleradora que, a pesar do seu pequeno tamaño, xa foron capaces de estar presentes con distribuidores en varios países de América Latina.