VIAEXTERIOR CLAUSURA A SÚA IV EDICIÓN COA PRESENTACIÓN DAS EMPRESAS PARTICIPANTES ANTE POTENCIAIS INVESTIDORES

Representantes de las empresas que participaron en ViaExterior IV en la clausura del programa

VIAEXTERIOR CLAUSURA A SÚA IV EDICIÓN COA PRESENTACIÓN DAS EMPRESAS PARTICIPANTES ANTE POTENCIAIS INVESTIDORES

  • Un total de 20 pemes galegas recibiron formación durante 6 meses nesta aceleradora multisectorial promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo
  • O obxectivo é iniciar ou consolidar os plans de expansión a mercados exteriores, minimizando os riscos e reducindo os custos de investimento
  • David Regades destacou que, das 81 empresas que se formaron en ViaExterior desde 2016, o 90% logrou “estar presente polo menos nun novo mercado a curto prazo”

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, clausurou esta mañá a IV edición de ViaExterior, a aceleradora multisectorial que asesora e forma a pequenas e medianas empresas galegas para iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

Durante o acto, as 20 pemes participantes tiveron a oportunidade de presentarse #ante potenciais investidores e entidades financeiras, que puideron coñecer de preto as propostas de Real Conserveira Española, Hermasa Canning Technology, Ucalsa, Kóoch Green Cosmetics, Lambetadas Mininolas, KeyBiological, Campus Education Spain, Cadeas e Trincajes, Luís Escurís Batalla, Montaxes Fertri, Uarx Space, Grinaga Enxeñería, Quobis Networks, SMG Iberia, Gaictech, TDR 4Elementos, The Circle Ideas (Groovland), Brigal e Phivehicle.

Na súa intervención, o delegado do Estado subliñou que desde o 2016, ano da primeira edición de ViaExterior, participaron no programa 81 empresas, o que supón “81 plans de internacionalización, 320 horas de formación e 6.400 horas de mentoring”. Preto do 90% desas empresas —engadiu— “lograron estar presentes, polo menos, nun novo mercado a curto prazo a través de exportacións directas, novos axentes ou distribuidores en destino, e mesmo a través da creación de novas filiais en Portugal, Chile, #Ecuador, Estados Unidos e Holanda. Moitas se atopan negociando actualmente con clientes de diferentes países para a firma de novos contratos, tres estableceron unha joint venture con firmas de Alemaña, Francia e Italia”.

Maior probabilidade de éxito

O foro de investimento celebrado hoxe supón o broche final a seis meses de intenso traballo no que as empresas seleccionadas han podido adquirir coñecementos específicos para impulsar o seu negocio internacional ou materializar o seu proceso de saída a mercados exteriores, minimizando os riscos e reducindo os tempos e custos de investimento.

Como novidade nesta edición, ademais do mentoring e a formación personalizada, as firmas participantes, pertencentes a sectores tan diversos como o TIC, o naval, o de alimentación ou o biotecnolóxico, entre outros, tiveron a oportunidade tamén de recibir asesoramento individualizado para o seu mercado específico, e contaron ademais co apoio de titores para deseñar un plan de expansión internacional que inclúa medidas de responsabilidade social corporativa. As empresas, así mesmo, puideron participar nos chamados mércores de internacionalización, talleres abertos tamén ao público e nos que puideron recibir consellos de expertos en mercados ou países específicos, así como coñecer a experiencia de empresas que xa están presentes neles.