Zona Franca inicia un ciclo de xornadas para a internacionalización baixo o claim “Os mércores en Zona Franca”

Zona Franca inicia un ciclo de xornadas para a internacionalización baixo o claim “Os mércores en Zona Franca”

A Zona Franca de Vigo inaugurou os encontros denominados “Os mércores en Zona Franca” unhas sesións enmarcadas dentro do programa de Internacionalización que o CZFV deseñou pensando nas necesidades do micro, pequenas e medianas empresas galegas.

Todas as semanas a Zona Franca organizará os mércores unha xornada en horario de mañá (salvo os meses de xullo e agosto e as vacacións de nadal) aberta ás pemes que desexen ampliar os seus coñecementos e habilidades sobre o acceso distintos mercados exteriores. “Estes mércores -dixo o delegado- son unha excelente oportunidade para que as nosas pemes adquiran o coñecemento preciso para acceder con éxito a novas área xeográficas onde aumentar o seu negocio?