Castro Composites

Castro Composites

CASTRO COMPOSITES é unha empresa do Grupo Resinas Castro dedicada á fabricación e comercialización de todo tipo de produtos relacionados co sector dos composites (materiais compostos) desde hai máis de 40 anos. Son especialistas en resinas de tipo termoestable ( poliésteres, vinilésteres, epoxis, poliuretanos, siliconas, …), fibras de reforzo ( aramidas, carbono, vidro…) e todos os produtos complementarios implicados nas aplicacións relacionadas: xel e top coats, masillas, adhesivos, núcleos para estruturas sándwich (PVC, PU, madeira de balsa, etc.), materiais sen carga, etc.

A súa sede central está no polígono industrial “A Granxa”, en Porriño (Pontevedra), lugar estratéxico situado a poucos kms do norte de Portugal e a escasos 15 kms de Vigo, desde onde serven aos seus clientes nacionais e internacionais.

MÁIS INFORMACIÓN