
22 Feb IMATIA, avanza no mercado internacional a través de consorcios
Imatia que está a participar nesta segunda edición de ViaExterior, acaba de asinar un convenio de cooperación coa empresa alemá GBTEC co obxectivo o desenvolvemento de novos produtos BPM e para a comercialización dos mesmos nos mercados de fala hispana e portuguesa.
Hai un ano que se iniciaron as conversacións entre ambas as empresas que culminaron coa firma da joint ventue, e entón o CEO de Imatia, Fernando Vázquez, sinalaba: “Non poderiamos facer unha mellor entrada no mercado alemán. O entendemento con todo o equipo de GBTEC foi magnífico desde o primeiro día e puxémonos de acordo en tempo marca. Ademais de coincidir en moitas decisións tecnolóxicas, compartimos valores que son moi importantes para a nosa empresa como a transparencia, a gana-gaña e a axilidade”.