Noribérica de bebidas

Noribérica de bebidas

En maio do 2004, D. Carlos Saavedra, froito da experiencia de mais de 20 anos no sector vitivinícola, emprende un novo proxecto con “ NOR-IBÉRICA DE BEBIDAS Augardentes e Licores” na provincia de Ourense, zona de gran tradición e destacada calidade polos seus viños e destilados.

O obxectivo desde os nosos inicios é o poder ofrecer aos nosos clientes un produto de gran calidade elaborado coa máxima dedicación, do mesmo xeito que fixeron os nosos antepasados, partindo dun coidadoso proceso de destilación, obtemos augardente co que finalmente damos forma aos nosos licores.

Esta destilería ten na actualidade unha capacidade para máis de 200.000 litros dos nosos elaborados.

MÁIS INFORMACIÓN