Proyectopía

Proyectopía

Proyectopía é unha empresa multidisciplinar situada en Pontevedra e dedicada á realización de proxectos e obras relacionadas con a arquitectura, cultura e investigación. O seu proxecto de VIVENDAS MODULARES PROYECTOPÍA E_HOME foi recentemente subvencionado na convocatoria NEOTEC (exp_00084417/ sneo-20151475), para empresas innovadoras no  Programa Estatal de Liderado Empresarial en I+D+i, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016. Ademais, foi adxudicataria do Programa Principia e do Programa Innova Peme pertencentes á Axencia Galega de Innovación ( GAIN) e cofinanciado no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Proyectopía conta cun equipo humano formado por un grupo multidisciplinar de profesionais con especialización en eficiencia enerxética e tecnoloxía BIM, o que permite implementar un sistema de traballo innovador e eficiente.

MÁIS INFORMACIÓN