AS EXPORTACIÓNS ESPAÑOLAS MARCAN MÁXIMOS EN 2017

AS EXPORTACIÓNS ESPAÑOLAS MARCAN MÁXIMOS EN 2017

As exportacións de mercadorías españolas marcaron en 2017 un novo récord ao rexistrar os 277.126 millóns de euros, un crecemento do 8,9% respecto ao ano anterior. Tras un 2016 no que se retardou o comercio exterior, a recuperación da economía europea tira das vendas de bens españolas. Con todo, as importacións tamén crecen a taxas mesmo máis robustas.
O ano pasado disparáronse un 10,5% tocando outro récord histórico: 301.870 millóns de euros. Segundo indica o Ministerio de Economía, “os principais sectores aumentaron as súas exportacións, excepto o automóbil (16,3% do total), cuxas vendas foron similares ás do ano 2016 (crecemento do 0,1%). Así, bens de equipo (que representa un 20,3% do total) subiu un 9,2%; alimentación, bebidas e tabaco (16,5% do total) creceu un 6,3%; produtos químicos (14% do total), un 7,8%; e manufacturas de consumo (10,2% do total), un 9,7%”.

Consultar a noticia completa en El País